Camping-Restaurante A'Vouga
Camping-Restaurante A'Vouga
Goza dun entorno incomparable

O Municipio de Muros é sinónimo de calidade turÃstica, paisaxes naturais únicos en Galicia. Declarado conxunto histórico en 1970, foi fundada polo Rei Sancho IV no século XIII. O seu entramado medieval consérvase case intacto. A Vouga, a 3 km do centro do pobo, é a primeira para obrigatoria para gozar da marabillosa costa.
Monte Louro
Situándonos na parroquia de Louro, sobre a beira norte da rÃa de Muros e Noia, atopamos este monte granÃtico de 241 mts de altura. En Monte louro poderás realizar diversas rutas de sendeirismo, subindo diferentes alturas para gozar das vistas a ambos lados do xigante de pedra. Visita obrigada e o Faro, construido en 1861. Ata o faro e á primeira altura, podese chegar en automóbil.
Lagoa de "As Xarfas"
Aos pés de Monte Louro descansa a lagoa de "As Xarfas", espazo protexido declarado de interese natural cunha gran riqueza biolóxica. A Lagoa alberga gran variedade de flora e fauna entre as que podemos destacar especies como a Garza Real, o Zampullin Chico ou o Largarto Ocelado. Co paso dos anos formáronse acumulacións dunares que cotan o paso do rÃo Longarelo e separan a lagoa do mar.
Muros
Concello ao que pertencen sete parroquias: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea. O porto de Muros é o máis importante dentro do seu distrito pesqueiro e foi a base que cimentou o crecemento do pobo. Na lonxa comercialÃzanse capturas do propio porto e as dos portos de Lira e O Pindo.
© 2013. Camping A Vouga. Todolos dereitos reservados.